Destacados Vigo al minuto

Vigo seguirà no nivel medio de restricións pola COVID

Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza, no nivel máximo

Galicia reunión Comité Científico

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza.

Nivel alto en Gondomar e Salceda

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos da Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha.

Vigo, Cangas, O Porriño, Nigrán e Tui, no nivel medio

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos termos municipais de Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 7 de maio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.