Comarcas

Patos será tamén ‘Praia sen fume’

Trátase dun areal totalmente vinculada á cultura surfeira

Patos Nigrán

 O Concello de Nigrán sumará este ano de xeito experimental a Praia de Patos á ‘Rede Galega de Praias sen Fume’.

Dende o Concello elexiuse a Praia de Patos, que é xunto con Praia América o máis senlleiro de Nigrán, totalmente vinculada á cultura surfeira porque aquí se iniciaron nos anos 70 os primeiros surfistas da comunidade atraídos polo seu estilo salvaxe, sendo precisamente o obxectivo do goberno municipal dar un paso máis de cara ao benestar físico e medioambiental que representa prescindir do tabaco.

Normalizar o ‘non -fumar’

«A Praia de Patos é o sitio por excelencia para promover hábitos de vida saudables e onde normalizar o non-fumar», incide o alcalde, quen presentou a solicitude a semana pasada.

Cabicheiros

Desde 2019 o Concello de Nigrán ten instalados cabicheiros artesanais na entrada das principais praias coa mensaxe ‘Area sen Cabichas’ para que alí se depositen e co obxectivo de apelar á responsabilidade da cidadanía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.