O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, renunciou no día de hoxe ao seu cargo por razóns de saúde.
Dende o pasado mes de decembro, Cristina Fernández. Davila (BNG) viña ocupando a Alcaldía como consecuencia da baixa de Represas por enfermidade.
A renuncia de Represas conleva a celebración nos vindeiros días dunha sesión de investidura para a elección de novo alcalde ou alcaldesa.
O Goberno Local do BNG e PSOE desexou ao alcalde a súa recuperación e transmitíronlle o seu ánimo e o seu afecto nestes intres complicados.
Ana Pontón
Nas redes sociais, a voceira nacional do Bloque, Ana Pontón, agradeceu o traballo de Xosé Represas ao que cualifica como «unha gran persoa, honesta e traballadora» e «o mellor alcalde da historia de Ponteareas».
Pola súa banda, o BNG, logo de expresar a «tristura e pesar» pola renuncia do alcalde, asegura que «o goberno presidido por Xosé Represas marcou un antes e un despois na historia política de Ponteareas, puxo en marcha a modernización do Concello e da localidade e iniciou a execución dos grandes proxectos de futuro».
Cristina Ferández Davila, será a nova alcaldesa
O BNG, que goberna en coalición co PSdG-PSOE, proporá que a nova alcaldesa sexa Cristina Fernández Davila, primeira tenente de alcalde, quen compartiu responsabilidades de goberno con Represas dende 2015.