Comarcas Vigo al minuto

Vigo, O Porriño, Cangas,Gondomar, Nigrán e Tui, no nivel medio de restricións

Sanidade mantén o nivel máximo nos concellos de Vilanova de Arousa, Cualedro e Carballeda de Valdeorras

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Vilanova de Arousa, Cualedro e Carballeda de Valdeorras.

Ponteareas e Salceda, no nivel alto de restricións

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Petín, Muíños, Verea, A Merca, Meira, O Grove, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Salceda de Caselas, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cambre e Coristanco.

Vigo, O Porriño, Cangas,Gondomar, Nigrán e Tui, no nivel medio

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais de Lobeira, Lobios, Verín, Cartelle, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, Trabada, Barreiros, Chantada, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Poio, Cangas, Gondomar, Vigo, O Porriño, Nigrán, Tui, Rianxo, Mesía, Carnota, Carral, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 30 de abril.

You may also like