Ducias de persoas participaron este sábado, na ‘Cruz do Castro’, no acto convocado polo colectivo Vigo Antifascista. No mesmo, leuse un poema polo escritor Xose María A. Cáccamo e interviron o portavoz de Vigo Antifascista, Xavier Moreda, e o concelleiro do BNG, Xabier P.Igrexas.
«Defender as liberdades democráticas»
O voceiro do Bloque demandou avances na recuperación da memoria democrática e antifascista da cidade. Igrexas fixo un chamamento a defender con firmeza as liberdades democráticas fronte a ofensiva de forzas da «dereita reaccionaria e ultraespañolista».
Igrexas lembrou, ademáis, que «a memoria non é cousa do pasado, é soporte da nosa identidade. Somos porque fomos, e grazas a que lembramos o que outros foron«, explicou.
O concelleiro engadiu que «infelizmente a loita antifascista sigue vixente» diante da ameaza que representa o avance de forzas «reaccionarias de dereita ultraespañolista». A este respeito, apuntou que, «malia que hoxe se presenten con formas e maneiras máis sutís, ou con discursos disfrazados, o novo fascismo mantén o seu carácter antisocial, antiobreiro e españolista, contrario a pluralidade e a diversidade»
Cruz franquista
«Mal que lle pese a Abel Caballero esta cruz franquista do Castro, construída pola ditadura e inaugurada polo ditador na daquela chamada praza da División Azul, ten data de caducidade. É un monumento que ofende a memoria de quen loitou pola liberdade e contra o fascismo, e máis cedo que tarde será derrubada», defendeu Igrexas na súa intervencón.