Destacados Vigo al minuto

Denuncian que o 90% do persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Vigo está aínda sen vacinar fronte a COVID

Das máis de 350 traballadoras do
servizo, unicamente un 10% recibiron a vacina fronte á COVID

As traballadoras do SAF de Moaña conseguen que se lles paguen os atrasos até acadar o incremento do 6,5%

A representación da CIG no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Vigo denuncia que o 90% do persoal está aínda sen vacinar.

Os representantes sindicales sinalan que das máis de 350 traballadoras do servizo, unicamente arredor dun 10% están vacinadas, algunhas coas dúas doses pero outras só coa primeira.

“Temos constancia de que a maior parte das traballadoras dos SAF dos concellos grandes non recibiron a vacina, ao contrario das localidades pequenas”, indica.

Cabe lembrar que este colectivo profesional está encadrado no grupo 3 da estratexia de vacinación, polo que tería que inmunizarse inmediatamente.

También te puede interesar