Comarcas

Ata finais de mes pódense solicitar os bonos de compra ‘Activa Tui’

As persoas interesadas poden entrar en activa.tui.gal

O día 30 remata o prazo para solicitar e consumir os 1.600 bonos “Activa Tui” da campaña municipal.

O Concello de Tui destina a este fin 50.000€ distribuídos en 5.000 bonos de consumo de 10€ para canxear en compras superiores a 25€ nos 67 establecementos participantes. As persoas maiores de 16 anos, poden solicitar até dous bonos en activa.tui.gal.

Os bonos intégranse dentro do Plan de Reactivación económica do Concello. Os mesmos están concibidos como unha medida extraordinaria para axudar ao tecido empresarial a paliar os efectos económicos negativos derivados da pandemia da COVID-19.

Para promocionar a participación dun gran número de establecemento pódese consumir 100 bonos como máximo en cada un deles. Adheríronse 67 establecementos de todos os ámbitos, incluído o comercio a hostalería. Tamén participan perruquerías, centros de beleza, ferraxerías, tendas de deporte ou hoteis, entre moitos outros.

Segundo explicou a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, a campaña está tendo moi boa acollida entre o tecido comercial, hostaleiro e de restauración tudense, tamén entre os consumidores.

Resta só o mes de abril para solicitar e consumir as 2.000 tarxetas restantes que se poden solicitar a través de activa.tui.gal.

También te puede interesar