'Qué te cuentas?' Galicia

O 98% dos alumnos galegos de 4º de Infantil ten praza no centro escollido como primeira opción

Na provincia de Pontevedra esa porcentaxe supera o 99%

O 98,76 % dos nenos galegos de 3 anos que solicitaron praza en 4º de educación infantil, obtívoa no colexio escollido como primeira opción.

Segundo informa Educación, só un 1,24 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas as asignará a Comisión de escolarización de cada zona.

15.414 solicitudes

En total, recibíronse 15.414 solicitudes en Galicia, “polo que resulta suficiente a oferta de prazas en 4º de educación infantil, con 26.800 postos”.

Son 1.576 solicitudes menos que o curso pasado, en liña co descenso demográfico de 1.855 nacementos rexistrado en 2018, ano de nacemento dos nenos agora escolarizados. Así pois, a caída da natalidade é mesmo
máis acusada que o descenso de solicitudes de escolares.

También te puede interesar