Galicia Vigo al minuto

Sanxenxo e Baiona, a nivel alto de restricións dende o venres

Nos resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo

El titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo, se reúne por videoconferencia con el comité clínico de expertos sanitarios.

O Comité clínico de expertos que avalía a situación da Covid19 en Galicia, ven de recomendar, logo da xuntanza mantida esta tarde, que os concellos de Beade e Maside teñan que cumprir o nivel máximo de restricións.

Sanxenxo e Baiona, a nivel alto de restricións

Ademais, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións en sete concellos galegos, concretamente en Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións nos municipios de Boimorto, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Bergondo, Culleredo, Ponteceso, Arteixo, A Coruña, A Laracha, Betanzos, Camariñas, Laxe, Valdoviño, Coles, Soutomaior, Cangas, Sober e Pantón.

Nos resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 26 de marzo.

You may also like