RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Tres persoas mortas e 53 feridas nas estradas galegas na ‘Ponte de San Xosé’

O venres e o sábado foron os días con máis accidentes

Accidente tráfico

O persoal do 061 Galicia asistiu durante a Ponte de San Xosé a 56 persoas nos 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do xoves 18, ata as 23,59 horas deste domingo, 21 de marzo.

Os días que rexistraron máis incidentes foron o venres e o sábado con 13 sinistros.

55 recursos mobilizados

Os recursos sanitarios mobilizados foron 55. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes; as de soporte vital básico, en 43 e os equipos de Atención Primaria prestaron en catro accidentes.

Tres persoas mortas

En 48 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes; en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto do sinistro.

También te puede interesar