Galicia Vigo al minuto

A Depuradora de Vigo “acumula incumprimentos” sobre contaminación dende 2017, aseguran os ecoloxistas

No conxunto do Estado, das 288 depuradoras analizadas, a metade non presentan insuficiencias

Ecoloxistas en Acción presenta por primeira vez, un informe no que se analizan os parámetros de contaminación das Augas Residuais Urbanas (ARU) das Estacións de Depuración de Augas Residuais (EDAR) do litoral e Dominio Público Marítimo-Terrestre (DPMT) de todo o Estado español.

Neste primeiro informe, da 394 EDAR rexistradas no litoral ou no  DPMT de máis de 2000 habitantes equivalentes (h.e.), analízanse os datos analíticos do ano 2019 de 288 EDAR. Solicitouse a información para este informe ao longo do ano 2020 ás diferentes Comunidades Autónomas, obtendo resposta para 247 EDAR.

Neste documento, analízanse os valores dos parámetros de contaminación: sólidos en suspensión (SS), demanda bioquímica de osíxeno a 5 días (DBO5) e demanda química de osíxeno (DQO), para as aglomeracións urbanas superiores a 2000 h.e. Ademais, tamén se analizaron os valores de fósforo e nitróxeno das EDAR de zonas sensibles, pero soamente da comunidade autónoma de Andalucía, pois do resto non se obtivo a información suficiente.

Tamén se deben ter en conta as autorizacións de verteduras, as cales teñen como obxecto a consecución dos obxectivos ambientais establecidos (OMA). Son nestas autorizacións onde se concreta a forma de medición e as concentracións ou porcentaxes mínimos de redución da contaminación no efluente. Dado que esta información soamente foi posible obtela en Andalucía.

A metade das depuradoras non cumpren

Das 288 EDAR analizadas, a metade delas (144) non presentaron ningún tipo de insuficiencia nin incumprimento, nin nos parámetros analizados nin nos datos facilitados.

Das outras 144 EDAR, os resultados foron:  

  • 36 EDAR (12,5%) incumpren nun, dous ou os tres parámetros característicos da vertedura.
  • 15 EDAR (5,5%) mostran unha insuficiente depuración a pesar de que cumpran coa normativa e/ou a súa autorización de vertedura.
  • 12 EDAR (4,2%) presentan datos incompletos.
  • 81 EDAR (28%) mostran datos insuficientes. En concreto, son os datos relativos a tres CCAA: Cataluña, Murcia e Illas Baleares, que só mostran medias anuais ou valores cualitativos.
  • Comunidades Autónomas como Galicia e Canarias facilitaron unha baixa porcentaxe de datos das súas EDAR achegando só datos do, 40% e 16% respectivamente.

Galicia

Aínda que non figuran neste informe polas circunstancias antes mecionadas, Ecoloxistas en Acción sinala que nos datos recén facilitados por Augas de Galicia se ben non figuraban os datos analíticos anteriores ao ano 2020, si consta o cómputo xeral das estacións depuradoras ubicadas no litoral que veñen incumprindo sistematicamente tano tras ano desde o 2017.

Estos datos oficiais reflicten que o EDAR de Cee-Corcubión, de Os Praceres (Pontevedra), de Arcade (Soutomaior), Foz, Burela e Noia levan catro anos consecutivos de incumprimento sen que se poña remedio a esta situación. Desde a federación galega de Ecoloxistas en Acción indican ademais que hai estacións depuradoras que acumulan moitos incumprimientos parciais ao longo deste anos como as EDAR de  Vigo, Nigrán e Guillarei en Tui.

A pesar de Fronte a estes datos, observamos que a maioría das EDAR do litoral analizadas neste informe que verten as augas ao medio natural, fano cumprindo a normativa. Con todo, vemos con preocupación que a contaminación producida polas augas residuais é moi superior á permitida pola normativa que está en vigor desde hai 25 anos. 

También te puede interesar