Galicia Vigo al minuto

Nova manifestación este sábado en Vigo en defensa da Escola Infantil Santa Marta

A Concellaría de Educación “non garante a apertura de matrícula para as 3 liñas (0-3 anos)”

Manifestación Santa Marta Vigo

FOANPAS xunto con ANPA ‘O Tranvía’, ANPA do CEIP Ramón y Cajal,
Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello e máis as traballadoras e representantes sindicais, convocan unha nova manifestación ás 12.00h do vindeiro sábado, 13 de marzo do 2021, na defensa da Escola Infantil Municipal Santa Marta.

O percorrido será: saída no cruce de Santa Marta e Torrecedeira, seguirá por esta rúa e Praza de Xoán XXIII.

O Concello fai desaparecer unha Escola Infantil do Barrio do Cura

A devandita convocatoria ven motivada pola ausencia, aínda, dunha
solución axeitada para a derruba da escola. Pola súa banda, o Concello propón unha localización para a nova EIM Santa Marta que “non é a mellor ubicación posíbel por afastar á escola da zona vella”.

O Goberno local “fai desaparecer unha escola infantil do Barrio do Cura, deixando orfa de oferta pública a esa parte da cidade, e no seu lugar propón o emprazamento nunha área onde xa hai outra alternativa moi preto (EIM Tomás Alonso)”.

A Concellaría de Educación, que dirixe Gorka Gómez, “non garante a apertura de matrícula para as 3 liñas (0-3 anos)”.

You may also like