Imaxe: Serxo González/ O Auditorio Municipal de Vigo acollerá esta fin de semana a estrea da nova produción de ButacaZero:’32m2′, unha traxicomedia sobre o confinamento. As entradas para as funcións do día 12 e 13 xa están esgotadas.
A creación de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira propón, no primeiro aniversario do encerro da pasada primavera, unha ollada reflexiva e sandadora sobre unha situación que marcou, e marcará, a toda a sociedade. A peza acompáñase de música orixinal de Rodrigo Cuevas.