Galicia

58.000 máscaras para os 52 concellos de menos de 20.000 habitantes de Pontevedra

Con esta son xa cinco as reparticións de máscaras efectuadas pola Deputación

Máscaras Diputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra realiza hoxe unha nova entrega de máscaras cirúrxicas de protección aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

58.000 unidades

Son outras 58.000 unidades que, sumadas ás anteriores entregas, eleva a un total de 324.500 o balanzo do material repartido pola institución provincial dende o comezo da pandemia.

A iniciativa encádrase no acordo de colaboración institucional coa Subdelegación do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para facer chegar o material de protección esencial aos colectivos máis vulnerables coas achegas periódicas que fai o Goberno de España.

Cinco reparticións e 324.000 máscaras

Con esta son xa cinco as reparticións de máscaras efectuadas pola Deputación. En concreto, a institución provincial achegou unha primeira remesa de 57.000 máscaras en maio; unha segunda de 97.500 en setembro; unha terceira de 58.000 en novembro; e outras 54.000 na última achega de decembro.

Colectivos vulnerables, persoal de limpeza, traballadores sociais e policía

A carta remitida dende a Deputación ás alcaldesas e alcaldes explica que as máscaras están destinadas á súa distribución entre os colectivos máis vulnerables de cada municipio; persoal de limpeza e residuos sólidos; traballadores/as sociais e policías locais.

Ademais clarexa os criterios de reparto, que consisten en asignar 600
unidades aos concellos de menos de 3.000 habitantes; 900 aos que teñen ata 5.000 habitantes; 1.200 aos que contan con ata 10.000 habitantes; 1.500 aos de menos de 15.000 habitantes e, finalmente, 1.750 unidades aos concellos de ata 20.000.

Este último envío forma parte do “paquete” de 13 millóns de máscaras cirúrxicas que o Goberno de España pon este mes a disposición das Entidades Locais, no marco do acordo coa FEMP, así como coas ONG e entidades sociais que loitan en primeira fila contra a pandemia.

You may also like