A Plataforma na Defensa da Hostalería cre que a Xunta está somentendo ao sector a un «estado policial». Nunha nota enviada aos medios de comunicacións pide «diálogo» para revisar as medidas da desescalada que entraron en vigor o venres.
Unhas medidas «confusas e alleas á realidade»
Esta plataforma cualifica coma as medidas para iniciar a desescalada, publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 25 de febreiro, coma confusas, alleas á realidade, faltas de claridade, diferidas e que someten a ao sector a un «estado policial».
Ao seu entender, a Xunta «profunda na culpabilizaicón da hostalaría», acusando directamente ao presidente Feijóo, o vicepresidente Rueda e ao conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, quen onte advertiu que as terrazas non cumpren o 50% de aforo pactado cos hostaleiros.
Madrid como modelo
A Plataforma na Defensa da Hostalería rexeita o que cualifica coma «intervención policial dos negocios». e denuncia que un axente de policía pida ser «inspector, instrutor e sancionador no mesmo acto».
A xuízo desta asociación, a Comunidade de Madrid é o modelo, aseguran que alí «están a dobregar a curva» coa hostalería aberta.
Máis cartos da Xunta
Para a Plataforma a Xunta ten que aprobar un plan de rescate da hostalería «acorde á gravísima situación» dos negocios. Aseguran que non discuten as medidas aprobada polas autoridades sanitarias pero creen que non se cumpre a regra de que «quen impide o exercicio dunha actividade legalmente establecida, paga».