Cultura Vigo al minuto

Manifestación este venres en contra do peche da Escola Infantil Santa Marta

Ás 19:00h. dende o centro e polas rúas do entorno

A ANPA da Escola Infantil Santa Marta, representantes da traballadoras e a Asociación Veciñal Casco Vello e FOANPAS denunciaron hoxe que non hai unha solución para a escola.

“Lembramos que este é un problema creado pola falta de previsión por parte do Concello, xa que sabendo do derrube, non se buscou unha solución para a continuidade do centro”, aseguraron en rolda de prensa.

11 traballadoras perderán o seu emprego

“Non nos opoñemos a este derrubo, pero temos claro que non se pode perder unha dotación educativa neste barrio. Ademais, hai 11 traballadoras que van perder o seu posto de traballo e para as que, a día de hoxe, tampouco hai solución”.

Estes colectivos non comparten a reubicación das crianzas noutras escolas infantís da cidade xa que, “ademáis dos trastornos que iso conlevaría para as familias, suporía a perda da escola e, reiteramos, que o barrio non pode quedar sen escola”.

Manifestación ás 7 da tarde

Por iso, este venres, 26 de febreiro, ás 19:00 h, convocan unha manifestación que sairá da EIM Santa Marta e percorrerá as rúas do entorno.

También te puede interesar