Cultura Vigo al minuto

Manifestación este venres en contra do peche da Escola Infantil Santa Marta

Ás 19:00h. dende o centro e polas rúas do entorno

A ANPA da Escola Infantil Santa Marta, representantes da traballadoras e a Asociación Veciñal Casco Vello e FOANPAS denunciaron hoxe que non hai unha solución para a escola.

«Lembramos que este é un problema creado pola falta de previsión por parte do Concello, xa que sabendo do derrube, non se buscou unha solución para a continuidade do centro», aseguraron en rolda de prensa.

11 traballadoras perderán o seu emprego

«Non nos opoñemos a este derrubo, pero temos claro que non se pode perder unha dotación educativa neste barrio. Ademais, hai 11 traballadoras que van perder o seu posto de traballo e para as que, a día de hoxe, tampouco hai solución».

Estes colectivos non comparten a reubicación das crianzas noutras escolas infantís da cidade xa que, «ademáis dos trastornos que iso conlevaría para as familias, suporía a perda da escola e, reiteramos, que o barrio non pode quedar sen escola».

Manifestación ás 7 da tarde

Por iso, este venres, 26 de febreiro, ás 19:00 h, convocan unha manifestación que sairá da EIM Santa Marta e percorrerá as rúas do entorno.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.