Galicia Vigo al minuto

Policías locais de paisano vixiarán Vigo para ‘coller’ aos autores de pintadas

Persoal de limpeza traballa na limpeza dos graffitis

Graffitis Vigo

O Concello vén de poñer en marcha un plan especial para acabar cos actos vandálicos.

Onte o alcalde anunciou unha campaña para borrar todas as pintadas e o “vandalismo con grafittis”. Os traballos xa comezaron con dous equipos con cinco operarios e dous sistemas diferentes.

Así, os servizos de limpeza contan cun vehículo hidrolimpador, dotado con auga quente a presión, e un depósito de 800 litros e outro cun sistema de hidroareador de alta e baixa presión.

Segundo explicou o alcalde, en función do tipo de superficie a tratar e das características das pintadas, aplícanse diferentes técnicas de cepillado, auga nebulizada, proxección de áridos, raspado, limpeza con ácidos e axentes tensioactivos, decapantes ou resustitución da integridade da superficie tratada.

Os equipos vanse centrar en Cervantes, Urzaiz e María Berdiales, pero xa actuaron nun total de 39 rúas.

Policías de paisano para dar cos responsábeis das pintadas

Abel Caballero avanzou que o Concello vai a mobilizar policías de paisano para actuar contra os responsables das pintadas e evitar que “campen as súas anchas pintando a cidade de forma indesexable”, sinalou.

También te puede interesar