Ciencia y Tecnología Destacados

Só 30 das 15.040 probas de saliva analizadas en toda a provincia de Pontevedra deron positivo por COVID

Corresponden as mostras que se recollen en preto de 400 farmacias

A delegada da Xunta en Vigo nunha farmacia da cidade

A delegada territorial da Xunta en Vigo informou hoxe que das 15.040 mostras analizadas ata o de agora mediante a autorecollida de saliva na provincia de Pontevedra, 30 resultaron positivas (0,2%).

Así o asegurou Marta Fernández-Tapias nunha visita a unha farmaciada cidade, na que estivo acompañada pola presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Pontevedra, Alba Soutelo.

Fernández-Tapias lembrou que esta medida que desde este martes se estendeu ás catro provincias galegas se testou cunha proba piloto en seis das 429 farmacias da provincia e que a día de hoxe son 381 as que figuran inscritas neste plan.

Persoas de entre 40 e 64 anos

Deste xeito, as oficinas de farmacia ofrecen kits de saliva ás poboacións diana establecidas pola Consellería de Sanidade,persoas de entre 40 e 64 anos, para, posteriormente, enviar estas mostras ao Laboratorio de Microbioloxía de Vigo, onde se analizan. Así, unha vez avaliadas, se lles comunica o resultado ás persoas participantes e, no caso de obter un resultado positivo, se lles realiza unha proba PCR.

Te podría interesar