'Qué te cuentas?' Destacados

En Vigo diagnostícanse 25 casos de cancro infantil ao ano

O índice de supervivencia do cancro infantil sitúase, aproximadamente, nun 80%

Hoxe celébrase o ‘Día Internacional do Cancro Infantil’. Esta data ten o obxectivo de concienciar á sociedade sobre esta enfermidade e tentar que tódolos nenos e nenas teñan acceso a un diagnóstico e tratamento axeitado. 

Índice de supervivencia do 80%

A oncóloga da Unidade de Oncoloxía pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), Cristina Lorenzo Fírvida, manifesta que “nun día coma hoxe é moi importante transmitir optimismo aos nosos pacientes e á sociedade en xeral. O índice de supervivencia do cancro infantil sitúase aproximadamente nun 80%, con progresivos avances ano a ano. Ademais, un obxectivo clave do noso traballo é a mellora na calidade de vida destes nenos e nenas. Neste ano, especialmente complicado, os nosos pacientes demostraron ser un exemplo a seguir na loita contra a COVID-19,  polo que puidemos manter a nosa actividade asistencial sen documentarse ningunha infección”.

Non se pode previr

O cancro infantil non se pode previr, polo que os esforzos céntranse en lograr o diagnóstico temperá dos casos, e en dispoñer dos mellores tratamentos.

Os puntos fundamentais desta atención son: un diagnóstico precoz, tratamento protocolizado, seguimento de efectos secundarios, e apoio noutros temas importantes para a familia e os nenos como a  escolarización e a reincorporación a súas vidas tras o tratamento.

25 novos diagnósticos

O cancro que afecta en maior medida aos menores é a leucemia. Séguenlle os tumores do sistema nervioso central e os linfomas

Durante o pasado ano, no CHUVI foron diagnosticados 25 casos novos (3 máis que no ano anterior). En xeral, a Unidade de Oncoloxía pediátrica do Álvaro Cunqueiro atende a 160 menores da área sanitaria viguesa. A maioría deles están en fase de seguimento en consulta, unha vez concluído o seu tratamento no hospital.

Nestes momentos, hai 10 pacientes en fase de tratamento activo (quimioterápico). O Hospital de Día Pediátrico atende de xeito ambulatorio a unha media diaria de 8 pacientes.

O seguimento dos nenos que xa concluíron o seu período hospitalario oscila entre cinco e dez anos, segundo o tipo de tumor que padezan.

Atención integral

A atención sanitaria prestada nos hospitais pretende dar unha resposta óptima dende o punto de vista médico, pero tamén quere ofrecer unha atención integral, que comprenda todos os aspectos da esfera psico-bio-social da persoa e da súa familia.

Neste marco, a educación regrada é un elemento esencial. O Álvaro Cunqueiro conta cun Aula Hospitalaria.

Ademais da programación académica, préstase especial atención ás actividades lúdicas e de lecer. Trátase de que os nenos e nenas esquezan ou minimicen o trauma que supón a hospitalización, o chamado “síndrome hospitalario”, e contribuír a facerlles máis grata a súa estadía no centro.

Para isto conta coa colaboración de varias Asociacións como Bicos de Papel, ASANOG, Doutores Sonrisa, Magos solidarios de Abracadabra, Galiclown, os Bombeiros de Vigo ou a Cruz Vermella, entre outras. Aínda que este ano, por mor da pandemia, estas actividades presenciais tiveron que ser restrinxidas, algunhas deles continuaron ofertándose “on line”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.