Comarcas

Praia América dispone xa de catro ‘espazos preferentes’ para persoas con mobilidade reducida

A actuación encádrase na subvención do GALP para mellorar a accesibilidade no areal, situándose estes solariums en cadanseu remate das catro novas ramplas de madeira

O Concello de Nigrán «avanza na creación dun areal 100% inclusivo» ao instalar en Praia América-Lourido catro espazos preferentes a modo de solarium para persoas con mobilidade reducida.

Novo acceso con ‘solárium’ a Praia América, para persoas con mobilidade reducida

A actuación realizouse a través dunha subvención de 45.451 € do GALP (Grupo de Acción Local Costeira) que, a súa vez e entre outros aspectos, permitíu instalar catro novas ramplas de madeira de acceso ao areal que rematan con cadanseu solarium do mesmo material e aproximadamente 4×2 metros.

Novos accesos a Praia América

«As pasarelas permiten que persoas con cadeiras de rodas ou carriños de bebés podan acudir á praia sen problemas. Agora este espazo facilítalles a propia estancia na praia ao ser moi difícil para eles meterse na area», explica o alcalde, Juan González, quen encadra a iniciativa no plan municipal de inclusión ‘Un Nigrán para todos’.

«Se ben o traballo corresponde a unha continuidade nas actuacións que se veñen realizando desde hai anos no Concello, nesta ocasión e grazas ao GALP innovamos coa circunstancia específica de traballar na accesibilidade na contorna de Praia América ao ser o areal máis urbano da localidade, creando un miradoiro accesible, varandas de seguridade, pasarelas flexibles de madeira e estes solariums», resume.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.