Galicia

A Audiencia da Coruña confirma que Meirás é propiedade do Estado

Declara inexistente a doazón do pazo ao dictador e nula a escritura de propiedade de 1941

A sección terceira da Audiencia Provincial da Coruña declarou que o pazo de Meirás e as leiras incluídas no recinto son propiedade do Estado, tal e como decretou o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña o pasado mes de setembro.

A sentenza, que responde ao recurso de apelación presentado pola familia Franco, condena os herdeiros a desaloxar esas propiedades, “deixándoas libres e ao dispor do Estado español, con liquidación dos gastos útiles e necesarios”, e ordenou a cancelación das inscricións rexistrais contraditorias sobre os predios.

A suposta ‘doazón’ ao dictador en 1938, declarada inexistente y nula a escritura de propiedade de 1941

O tribunal acordou declarar inexistente, desde o punto de vista xurídico, a doazón do inmoble e mais os predios realizada en 1938 a Francisco Franco. Os xuíces tamén decretaron nula, por “simulación absoluta”, a escritura de compravenda de 1941 pola que supostamente lle venderon a Francisco Franco o inmoble. Ademais, consideraron “ineficaz” a partición da herdanza de Franco correspondente aos terreos de Meirás, do mesmo xeito que a doazón de diversas parcelas situadas no recinto do pazo que foron doadas por Carmen Polo á súa filla.

Contra a resolución da Audiencia Provincial pode interpoñerse recurso de  casación ou recurso extraordinario por infracción procesual ante o Tribunal Supremo

You may also like