Galicia Vigo al minuto

A delegada da Xunta urxe ao alcalde a que anuncie as axudas á hostalería de Vigo

“As reaccións lentas ou inexistentes, como é o caso do Concello vigués” so poden levar á quebra irremisible de moitas empresas”

Reunión delegada Xunta Vigo con hostaleiros Casco Vello

A delegada da Xunta en Vigo urxiu, novamente, ao alcalde a responder á solicitude do propio sector e a que anuncie a cantidade que vai a destinar en axudas directas para paliar os efectos do peche da hostalería.

Marta Fernández-Tapias foi tallante ao afirmar que as “reaccións lentas ou inexistentes, como é o caso do Concello vigués” so poden levar á quebra irremisible de moitas empresas, polo que apelou ao sentido común e reclamou a Abel Caballero que reaccione con urxencia.

O fixo tras manter unha xuntanza coa nova Asociación de Hostaleiros e Comerciantes do Casco Vello, recentemente creada co obxectivo de favorecer a dinamización do barrio histórico. Un encontro no que a delegada puxo en valor os máis de 4 millóns de euros que a Xunta destinou en apoios directos ao sector na cidade.

Falta de compromiso do alcalde

A representante autonómica mostrouse especialmente crítica con que haxa administracións que nos once meses que levamos de pandemia non deran nin unha axuda ao sector e, neste senso, lamentou a falta de compromiso do alcalde cos interlocutores sociais e colectivos máis afectados por polas restricións sanitarias a consecuencia da pandemia, que están reclamando activar estas axudas o antes posible.

Segundo plan de axuda da Xunta

Segundo adiantou, o segundo Plan de Rescate da Xunta, con 75 millóns de euros en novas axudas directas, activarase nos próximos días.

“As axudas chegarán a máis negocios, con menos requisitos, máis rápidas, acumulables e complementarias coas recibidas no primeiro Plan de Rescate e co resto dos apoios anti-covid do Goberno galego”, anotou. A Xunta estenderá estas axudas aos establecementos pechados como consecuencia das últimas restricións, pero tamén aos que soamente puideron servir comidas e bebidas en terrazas, para levar, ou a domicilio nas últimas semanas.

Xunto á hostalería e autónomos, indicou poderán beneficiarse destes apoios actividades como ximnasios, feirantes e ocio infantil, que tal e como expuxo contarán cunha liña específica.

You may also like