Galicia Vigo al minuto

A delegada da Xunta urxe ao alcalde a que anuncie as axudas á hostalería de Vigo

«As reaccións lentas ou inexistentes, como é o caso do Concello vigués» so poden levar á quebra irremisible de moitas empresas»

A delegada da Xunta en Vigo urxiu, novamente, ao alcalde a responder á solicitude do propio sector e a que anuncie a cantidade que vai a destinar en axudas directas para paliar os efectos do peche da hostalería.

Marta Fernández-Tapias foi tallante ao afirmar que as «reaccións lentas ou inexistentes, como é o caso do Concello vigués» so poden levar á quebra irremisible de moitas empresas, polo que apelou ao sentido común e reclamou a Abel Caballero que reaccione con urxencia.

O fixo tras manter unha xuntanza coa nova Asociación de Hostaleiros e Comerciantes do Casco Vello, recentemente creada co obxectivo de favorecer a dinamización do barrio histórico. Un encontro no que a delegada puxo en valor os máis de 4 millóns de euros que a Xunta destinou en apoios directos ao sector na cidade.

Falta de compromiso do alcalde

A representante autonómica mostrouse especialmente crítica con que haxa administracións que nos once meses que levamos de pandemia non deran nin unha axuda ao sector e, neste senso, lamentou a falta de compromiso do alcalde cos interlocutores sociais e colectivos máis afectados por polas restricións sanitarias a consecuencia da pandemia, que están reclamando activar estas axudas o antes posible.

Segundo plan de axuda da Xunta

Segundo adiantou, o segundo Plan de Rescate da Xunta, con 75 millóns de euros en novas axudas directas, activarase nos próximos días.

“As axudas chegarán a máis negocios, con menos requisitos, máis rápidas, acumulables e complementarias coas recibidas no primeiro Plan de Rescate e co resto dos apoios anti-covid do Goberno galego”, anotou. A Xunta estenderá estas axudas aos establecementos pechados como consecuencia das últimas restricións, pero tamén aos que soamente puideron servir comidas e bebidas en terrazas, para levar, ou a domicilio nas últimas semanas.

Xunto á hostalería e autónomos, indicou poderán beneficiarse destes apoios actividades como ximnasios, feirantes e ocio infantil, que tal e como expuxo contarán cunha liña específica.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.