Cultura

A Deputación comeza a ‘musealización’ do Castelo de Sobroso

Investirá máis de 300.000€ e a prevsión é que estea rematada este verán

Castelo de Sobroso

O Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o expediente de contratación cara a adxudicación do proxecto de musealización’ do Castelo de Sobroso, que conta cun orzamento de máis de 300.000€.

A previsión do ente provincial é que as actuacións estean rematadas ao longo deste verán, «dotando con elas ao castelo dun equipamento museográfico actual e potenciando o seu atractivo acorde coas tendencias da demanda turística».

A historia do castelo contada con medios do século XXI

Este proxecto mergullará ás persoas visitantes na historia da fortaleza apoiándose nas tecnoloxías audiovisuais do século XXI. Deste xeito, a Deputación aposta por un modelo turístico baseado nas experiencias cunha ruta dunha hora de duración e con grupos reducidos que poderá realizarse en galego, castelán ou inglés.

Durante o percorrido as e os visitantes coñecerán a historia do castelo a través de sete pezas audiovisuais e a súa visita rematará co acceso á terraza, que estará equipada con atrís con imaxes panorámicas para permitir identificar todos os filtros e elementos da paisaxe.

11.000 visitantes en 2020

O Castelo de Sobroso é un gran atractivo turístico da nosa provincia, que foi visitado en 2020 por preto de 11.000 persoas pese aos peches e as restricións derivadas da situación sanitaria. De feito, 3.500 destas visitas tiveron lugar entre xuño e agosto sumando máis que as realizadas durante o verán de 2019. Ademais, tras o confinamento, a Deputación integrou Sobroso no programa “Re-acción nos castelos”, que levou á fortaleza música, danza, teatro e obradoiros para nenas e nenos, «enchendo o espazo de contido cultural seguro e esgotando todas as prazas dispoñibles».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.