RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

24 persoas resultaron feridas en 21 percances

Fin de semana sen mortes nas estradas galegas, pero con 60 feridos en accidentes

O persoal do 061 asistiu a 24 persoas debido a 21 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres 29 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 31 de xaneiro.

Os recursos sanitarios mobilizados foron 25. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes e as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 23 sinistros.

En 20 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios e en catro
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Dous mortos durante todo o mes de xaneiro

Galicia rexistrou durante todo o mes de xaneiro dúas vítimas mortais nas súas estradas, a metade que no mesmo mes de 2020.

También te puede interesar