Comarcas

As entidades sen fin de lucro xa poden solicitar as subvencións da Deputación

Deben destinarse a actuacións no ámbito social de atención especializada dirixidas a
persoas en situación de especial vulnerabilidade

Axudas Deputación de Pontevedra a entidades sen ánimo de lucro

A Deputación de Pontevedra publicou este luns 1 de febreiro a convocatoria e as bases das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro da provincia para actuacións no ámbito social no 2021.

Estas axudas, aprobadas o pasado 15 de xaneiro, están dirixidas a asociacións para o desenvolvemento, na provincia de Pontevedra, de actuacións no ámbito social de atención especializada dirixidas a
persoas en situación de especial vulnerabilidade
.

470.000 euros

Para estas entidades a Deputación destina 470.000€ sendo de 7.000€ o importe máximo que pode recibir cada proxecto, incrementándose deste xeito en 1.000 euros en relación á convocatoria do ano pasado.

As solicitudes deberán presentarse por vía telemática a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) podendo facelo durante 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Cada unha destas entidades poderá ser beneficiaria dunha soa achega no ámbito desta convocatoria sendo subvencionables aquelas actuacións dirixidas a colectivos que polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas e calquera outra de natureza análoga, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.

Ademais, serán subvencionables certos gastos como os custos directos (materiais consumibles, gastos de persoal ou de servizos técnicos e profesionais) e indirectos (como os gastos de aluguer e mantemento das instalacións).

También te puede interesar