Galicia Vigo al minuto

Feijóo esixe ao Goberno as máscaras FPP2 e «el non as facilita ao persoal da Xunta»

«Ten plenas competencias para decretar o seu uso en Galicia» e non o fai

FEijóo con mascarilla

CIG-Ensino considera un «escándalo de proporcións enormes» que o presidente Núñez Feijóo veña de pedir un acordo ao goberno do Estado para impoñer o uso de máscaras FPP2 «en determinados contextos» , cando el mesmo podería comezar por dar exemplo e facilitarllas a boa parte dos traballadores e traballadoras da Xunta que así o reclamaron desde o inicio da pandemia.

Ten competencias pero non da máscaras nin ao persoal máis vulnerable

Neste sentido, lémbralle que ten plenas competencias para decretar o seu uso nos centros de ensino e que podería, cando menos, comezar por repartilas entre o persoal que ten condicións vulnerábeis de saúde propia e/ou que ten un contacto máis directo con alumnado máis desprotexido, como é o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, o da etapa de infantil, o de música e Conservatorios.

Non cumpre os requerimentos da Inspección de Traballo

No momento máis crítico da pandemia, a CIG-Ensino considera que a Xunta non pode escatimar en material de protección efectivo para o seu persoal e alude a outras comunidades nas que se decretou o uso de máscaras FPP2 nos primeiros días de volta ás aulas tras o Nadal. Así mesmo, insta á administración a cumprir os requirimentos da Inspección de Traballo sobre a distribución deste material de protección, tal e como denunciara o sindicato no trimestre pasado, e a responder ás explicacións que se lle piden desde a autoridade laboral.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.