RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Galicia

Os pensionistas galegos seguen a ser os segundos que menos cobran do Estado

A paga por viuvez, que apenas supera os 600€ ao mes, de media, é a máis baixa de España

A pensión media en Galicia subiu até os 874,69€, aínda que é 153,5€ menor que a media do Estado, que está en 1.028,19€. Segundo datos do Ministerio de Seguridad Social, en Galicia hai 765.880 pensionistas.

Xubilación

480.700 galegos cobran unha pensión de xubilación que, de media, ascende, a 995,96€ ao mes-a segunda máis baixa, despois das dos estremeños.

Incapacidade

69.695 persoas perciben unha pensión por incapacidade permanente que, de media, situouse en 900,43€, a terceira cifra máis baixa, por detrás das de Estremadura e Murcia.

Viuvez

 185.481 galegos reciben unha pensión de viuvez, pola que ingresan, de media, 621,43€ mensuais. É a pensión deste tipo máis baixa do Estado.

También te puede interesar