Destacados Vigo al minuto

641 positivos por COVID nos centros educativos da Área Sanitaria de Vigo

No conxunto de Galicia chegan aos 3.352

Segundo datos da Xunta, nos centros educativos da Área de Vigo comunicáronse 641 positivos por COVID. esta circunstancia fixo necesario pechar unha escola e 53 aula.

Na cidade, destacan os de colexios María Inmaculada, con 16 casos, e CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago, con 11.

Fora de Vigo, o CPI da Cañiza con 19 casos; CPR Santa María de Tui, 14 positivos e 2 aulas pechadas; o mesmo número no CPR Plurilingüe Santiago Apóstolo, en Ponteareas; IES Mendiño de Redondela 13 positivos, os mesmos que o CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas; CEIP Marquesa do Pazo da Mercé das Neves con 12; cos mesmos casos, IES San Paio, de Tui e IES Val do Tea.

3.352 no conxunto dos centros de Galicia

Este martes o número total de casos nos centros de toda Galicia chegaron aos 3.352 positivos. Están pechadas 7 escolas infantís, 165 aulas e un centro de educación especial.

También te puede interesar