'Qué te cuentas?' Destacados

A Xunta asegura que pagou máis de 4 millóns en axudas á hostalería de Vigo

No conxunta da área viguesa esa cantidade achégase aos 6,6 millóns

A delegada da Xunta informou hoxe que o Goberno galego xa abonou preto de 6,6 millóns de euros das axudas concedidas ao sector da hostalería na área de  Vigo.

Marta Fernández-Tapias sinalou que no marco do primeiro plan de rescate se completaron os pagamentos de 3.515 solicitudes.

No que atinxe a Comunidade galega, recordou que foron 20.000 as axudas que recibiu o sector da hostalería en os apoios económicos directos da Xunta a través das tres liñas do plan de rescate por un importe total de 37 millóns de euros.

Máis de 4 millóns só en Vigo

Segundo detallou Fernández-Tapias, dos 6,6 millóns abonados na área de territorial, máis de 4 corresponden as 2.163 solicitudes presentadas polo sector da hostalería na cidade de Vigo.

No Val Miñor, concedéronse 130.300 euros en Baiona (62 solicitudes), 163.600 euros  en Gondomar (105) e 249.425 euros en Nigrán (142). Polo que se refir ao Morrazo, atendéronse solicitudes por  importe de 474.875 euros en Cangas (293) e de 246.300 euros en Moaña (147).

O Val da Louriña: en Mos repartíronse 221.800 euros para dar cobertura ás 127 solicitudes presentadas e no Porriño 329.875 euros para 171. Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior e Fornelos de Montes percibiron 437.525 euros (237 solicitudes), 7.600 euros (4), 141.825 euros (73) e 17.925 euros (9 solicitudes) respectivamente.

Xa por último, a Salceda de Caselas concedéronse 49.175 euros (22 solicitudes) e a Salvaterra do Miño 46.825 euros (22 solicitudes).

Fonte: Xunta de Galicia

Chamamento aos concellos e á Deputación

Marta Fernández-Tapias apelou á colaboración entre as distintas administracións, en clara alusión a proposta do propio sector cun plan de rescate complementado con achegas directas das deputacións (30%) e os concellos (20%), subliñou que o Goberno autonómico vai seguir traballando, con independencia de quen se sume ao chamamento da hostalería.

A delegada, que insistiu en que a actual situación de crise sanitaria require que todas as administracións traballen xuntas. Por iso, invitou á Deputación de Pontevedra e aos concellos da área a sumarse á proposta. “É necesaria a implicación de todas as administracións, con independencia das cores políticas o de debates estériles sobre competencias”, reflexionou. “Mantemos a man tendida”, engadiu.

Segundo plan de rescate

Fernández-Tapias tamén salientou a importancia do anuncio dun segundo plan de rescate para facer fronte ás novas restricións sanitarias dotado como mínimo con 50 millóns de euros e co obxectivo de poder activalo en febreiro. Deste modo, apuntou, “a Xunta sumará en 90 días 140 millóns de euros en axudas directas aos sectores máis afectados pola crise e as restricións sanitarias”.

Sobre esta segunda convocatoria, enfocada a persoas traballadoras autónomas, microempresas e establecementos hostaleiros pechados por mor da pandemia, explicou que terá unhas características similares ao posto en marcha a finais de ano.

Trámites máis áxiles e menos requisitos

Tras destacar a capacidade de xestión no abonamento das axudas que respaldou no feito de que “antes de rematar o prazo de solicitude xa se efectuaran un 70% dos pagos”. Así mesmo, sinalou que nesta nova fase da pandemia simplificaranse os trámites e os requisitos para obter as axudas.

Como novidade, salientou, que os autónomos non terán que acreditar prestación por cese de actividade e que non se esixirá as microempresas ter activo ou ter pasado por un ERTE para optar ás axudas. En todo caso, incidiu en que as tres liñas de axudas volverán a ser complementarias e que os perceptores do 1º plan de rescate, de cumprir os requisitos, poderán volver a solicitalas. 

También te puede interesar