'Qué te cuentas?' Destacados

Os sindicatos do Concello alertan do desmantelamento dos servizos públicos municipais

Aseguran que hai uhha “estratexia privatizadora” na xestión dos mesmos

Dende a plataforma ‘O Concello de Vigo en venda‘, o Comité de persoal do
Concello vén de denunciar o “desmantelamento” e a “venda” sistemática dos servizos públicos municipais “ao mellor postor, cando non ao mellor amigo”.

Desprezo” do Goberno municipal

Os sindicatos do Concello, critican o desprezo do Goberno municipal ante o bo facer dos centos de empregadas e empregados públicos que cumprimos fielmente co encargo recibido da cidadanía, a quen nos debemos”.

Neste “patético proceso” onde “os nosos políticos municipais se desentenden das súas responsabilidades públicas“, sinalan dende a plataforma, “a cidadanía é quen sempre paga as nefastas consecuencias duns servizos públicos deficientes”. Neste sentido, lembran que o beneficio das empresas privadas redunda sempre en detrimento do servizos públicos municipais mentres as cargas impositivas seguen sendo as mesmas para a cidadanía”.

Transporte público, abastecemento de auga, Policía e Bombeiros

Os sindicatos citas coma exemplos, o transporte público e o abastecemento de auga, “privatizados hai tempo”.

Tamén sinalaan que a seguridade da cidadanía está “seriamente comprometida” pola falta de policías locais e bombeiros. “É un feito
incuestionable que ámbolos dous corpos están sempre baixo mínimos e non poden garantir nin a seguridade da cidadanía nin a dos propios traballadores”.

Servizos Sociais

Para esta plataforma, “a falta de persoal na área de Benestar social é igualmente dramática”. A mesma, aseguran, provoca non so “serios retrasos na tramitación das axudas e prestacións asistenciais , senón a imposible realización dunha política real e efectiva de integración social.

“Isto transforma ás políticas sociais do Concello en actos de caridade e beneficencia”.

O mesmo déficit de persoal evidénciase nos servizos esenciais do Concello. Isto, provoca, subliñan, un “intolerable atraso na tramitación de solicitudes, licencias, reclamacións, recursos, denuncias” e calquera outro trámite administrativo.

Estratexia privatizadora

Segundo os sindicatos do Concello, a non apertura de instalacións deportivas, o peche de Vigozoo, o desmantelamento do Laboratorio Municipal e diferentes departamentos do Parque Central…, evidencian unha “estratexia privatizadora na xestión dos servizos públicos de titularidade municipal, así como o desterro das parroquias rurais nas que a implantación de servizos urbanos xunto coa nula actuación do mantemento das diferentes infraestruturas son froito da desidia desta Corporación”.

O alcalde non se reuniu nunca co Comité de Persoal

O alcalde, denuncia a plataforma, “aínda non se dignou a reunirse, sequera unha vez, co Comité de Persoal” para tratar todas estas estratexias privatizadoras dos recursos públicos.

Para os sindicatos muncipais, “Abel Caballero emprega a Asesoría Xurídica Municipal con fins políticos eludindo negociar os conflitos” e levando ás conseguintes xudicializacións destes, “malgastando o erario público en preitos que só perseguen dilatar no tempo a aplicación de
sentenzas xudiciais desfavorables”.

A xuízo da plataforma, “o alcalde amosa o máis absoluto desprezo a representación legal das e dos traballadores, á legalidade vixente e ós fallos xudiciais, que en non poucos casos, quedan sen cumprir”.

You may also like