En relación as declaracións de Abel Caballero, que considera unha « ocorrencia « e unha » mala decisión » , proxectar unha residencia de maiores nos terreos da ETEA, a Asociación Veciñal de Teis, considera «impresentabel, que se intente boicotear a construción desta residencia» cando non existe un mellor emprazamento na parroquia.
A Asociación Veciñal de Teis foi uns dos colectivos de Teis, que propuxo que nos terreos da ETEA, houbera unha residencia pública para maiores e nunca foi contaria a que construan máis centros na parroquia, pero priorizando este proxecto.
Non so para uso educativo e investigador
Os veciños non comparten que os terreos da ETEA teñan que destinarse, case en exclusividade, para uso educativo e investigador. Neste senso, lembran que «nestes momentos, están sen desenvolverse ningún dos tres ambitos do plan sectorial para o uso educativo ou investigador».
A Asociación, desde a saída dos militares no ano 2002, esixe que estes terreos se recuperen para Teis, dotando á parroquia de mellores servizos e facilitando a recuperación do litoral.
Isto debe ser compatible co Campús do Mar, que a Asociación sempre apoiou «incluso cando Abel Caballero, estivo boicoteando o proxecto, poñendo en perigo que fora nos terreos da ETEA».
Retraso da Xunta
«O problema da residencia de maiores en Teis, non é un problema de terreos, a cuestión e a demora na execución do proxecto», sinalan dende a asociación veciñal. Subliñan que o mesmo fora anunciado o 2 de marzo de 2017, polo daquela conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que visitou o edificio onde se construiría a residencia pública de maiores na ETEA «e tres anos despois aínda non comezaron as obras«.
Por iso, entenden que o alcalde ten que esixir á Xunta que non haxa máis demora na construción da residencia de maiores, «pero parece máis interesado en impedir desenvolvemento da ETEA e a construción de dotacións para Teis».