Galicia Vigo al minuto

As Rías Baixas en ‘alerta laranxa’ por vento dende este martes

O mércores estaremos el ‘alerta amarela’ por precipitacións de máis de 40 litros por metro cadrado

As Rías Baixas e a Costa da Morte estarán en ‘alerta laranxa’ por ventos ventos fortes, este martes. Meteogalicia vén de declarar distintos avisos por ventos de forza 8 no mar e ‘alerta amarela’ no interior.

Dende as 9 da mañá

Segundo a previsión meteorolóxica, este fenómeno empezará na Costa da Morte e nas Rías Baixas sobre as 9 de maña, con ventos de forza 7, que subirán ata grado 8 dende o mediodía.

Dende esa mesma hora, estará activo o ‘aviso amarelo, no litoral noroeste da Coruña e na Mariña lucense onde agárdanse ventos de máis de 80 quilómetros/hora. No resto de Galicia, a alerta será dende as 21:00h.

Máis de 40 litros por metro cadrado o mércores

A situación complicarase o mércores, día 20, cando ao aviso por ventos haxa que sumar a ‘alerta amarela’ por precipitacións de máis de 40 litros por metro cadrado no suroeste da provincia da Coruña e o interior da de Pontevedra.

También te puede interesar