RGPD - Cookies
Comarcas

Comerciantes e hostaleiros da Guarda afectados pola COVID poden pedir a devolución do 25% da taxa do lixo

O prazo de solicitudes para a devolución está aberto ata o 31 de xaneiro

O Concello da Guarda aprobou no pasado mes de decembro a modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa de Recollida do Lixo que permitirá aos comerciantes e hostaleiros da vila solicitar a devolución do 25% da mesma.

Establécese unha cota tributaria reducida do 75% das tarifas vixentes relativas a aqueles establecementos que desenrolen actividades económicas, nos casos en que, no exercicio tributario anterior, a súa actividade ou apertura ó público fora suspendida como consecuencia de declaración de ‘Estado de Alarma’ no país que vaia acompañada por unha norma estatal ou autonómica con rango legal que suspenda o desenrolo das actividades realizadas nestes establecementos.

Ata o 31 de xaneiro

Os propietarios dos locais terán de prazo ata o día 31 de xaneiro de cada exercicio tributario para solicitar a aplicación da cota reducida, presentando de maneira oficial a seguinte documentación acreditativa:

👉 Documentación acreditativa da titularidade do inmoble: poderá acreditarse mediante certificado de titularidade expedido polo Rexistro da Propiedade, escritura pública que acredite a propiedade do local, recibo do imposto sobre bens inmobles do exercicio tributario inmediatamente anterior ou calquera outro documento que acredite a propiedade do inmoble, cuxo suficiencia será acreditada polo concello, que poderá esixir mais dun deste documentos a fin de acreditar fehacientemente esta titularidade.

👉 En caso de que se trate dun local arrendado, de maneira que sexa o arrendatario quen desenrole a actividade industrial ou comercial no mesmo, contrato de arrendamento subscrito entre arrendador e arrendatario.

👉Declaración responsable do titular da actividade de que nese inmoble estase a desenrolar unha actividade que no período impositivo anterior foi suspendida expresamente por norma con rango de lei estatal ou autonómica derivada da declaración de estado de alarma como consecuencia da crise sanitaria provocado pola Covid-19.

👉 Documento de alta na Axencia Tributaria na actividade en cuestión no que conste o epígrafe da actividade e a data de inicio de mesma.

👉 Calquera outro documento que se esixa polos servizos económicos municipais.

Ante calquera dúbida os comerciantes e hostaleiros poden dirixirse aos servizos económicos do Concello da Guarda chamando ao teléfono 986 61 0000.

También te puede interesar