'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

Médicos do Cunqueiro estudan como evitar infeccións en pacientes COVID

Na investigación emprégase plasma de pacientes que superaron a enfermidade

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) participa en dous ensaios clínicos que teñen como finalidade o tratamento precoz de pacientes diagnosticados de COVID-19, para evitar o risco de agravamento  da enfermidade é a necesidade de hospitalización.

O dous proxectos van dirixidos a enfermos que se atopan en fase inicial da infección, con síntomas leves pero con risco de progresión a unha enfermidade grave. E dicir, a pacientes con máis de 65 anos ou con enfermidades crónicas.

Plasma de persoas que xa pasaron a enfermidade

Nos proxectos participan investigadores do Equipo Covid do Hospital Álvaro Cunqueiro. O primeiro é un ensaio con plasma de doadores que xa pasaron a enfermidade. E o segundo consiste en administrar un anticorpo monoclonal que impida la infección celular.

O ensaio con plasma de doadores que xa pasaron a enfermidade, conta ademais coa participación do servizo de Hematoloxía, que dirixe a doutora Carmen Albo e da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Este proxecto está subvencionado pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) a través do Programa Traslaciona Covid 19 e vaise levar a cabo nos principais hospitais galegos.

A nosa intención é que participen nesta nova fase ao redor de 200 pacientes de toda Galicia. Á metade deles administraráselles unha dose única de plasma e o resto formará parte do grupo control. Desta forma obteremos moita máis información sobre a eficacia deste tratamento cando se administra na fase inicial da infección”, explica a  internista María Teresa Pérez, experta en enfermidades infecciosas. A vindeira semana iniciarase o proceso de recrutamento destes pacientes.

Proxecto internacional

O ensaio no que se administra un anticorpo monoclonal forma parte dun proxecto internacional no que participan algúns hospitais seleccionados de España, entre os figura o Álvaro Cunqueiro. O tratamento consiste na inxección dunha soa dose dun anticorpo dirixido contra a proteína de ancoraxe do virus as células dos pacientes, evitando deste xeito a infección celular.

En ambos dous estudos vanse seleccionar a pacientes que se atopan nos primeiros 5 días da infección, con síntomas leves pero que teñen algunha condición que aumenta o risco de presentar unha infección grave: pacientes maiores de 65 anos ou que padecen algunha enfermidade crónicas debilitante como, por exemplo, Insuficiencia cardíaca, EPOC ou obesidade.

“O obxectivo principal destes ensaios é  estudiar si as terapias inmunolóxicas administradas precozmente aos pacientes de maior risco son eficaces para atallar á infección e evitar o ingreso hospitalario“, explica o doutor Manuel Crespo, xefe do servizo de Medicina Interna do  CHUVI.

También te puede interesar