'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

Médicos do Cunqueiro estudan como evitar infeccións en pacientes COVID

Na investigación emprégase plasma de pacientes que superaron a enfermidade

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) participa en dous ensaios clínicos que teñen como finalidade o tratamento precoz de pacientes diagnosticados de COVID-19, para evitar o risco de agravamento  da enfermidade é a necesidade de hospitalización.

O dous proxectos van dirixidos a enfermos que se atopan en fase inicial da infección, con síntomas leves pero con risco de progresión a unha enfermidade grave. E dicir, a pacientes con máis de 65 anos ou con enfermidades crónicas.

Plasma de persoas que xa pasaron a enfermidade

Nos proxectos participan investigadores do Equipo Covid do Hospital Álvaro Cunqueiro. O primeiro é un ensaio con plasma de doadores que xa pasaron a enfermidade. E o segundo consiste en administrar un anticorpo monoclonal que impida la infección celular.

O ensaio con plasma de doadores que xa pasaron a enfermidade, conta ademais coa participación do servizo de Hematoloxía, que dirixe a doutora Carmen Albo e da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Este proxecto está subvencionado pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) a través do Programa Traslaciona Covid 19 e vaise levar a cabo nos principais hospitais galegos.

«A nosa intención é que participen nesta nova fase ao redor de 200 pacientes de toda Galicia. Á metade deles administraráselles unha dose única de plasma e o resto formará parte do grupo control. Desta forma obteremos moita máis información sobre a eficacia deste tratamento cando se administra na fase inicial da infección», explica a  internista María Teresa Pérez, experta en enfermidades infecciosas. A vindeira semana iniciarase o proceso de recrutamento destes pacientes.

Proxecto internacional

O ensaio no que se administra un anticorpo monoclonal forma parte dun proxecto internacional no que participan algúns hospitais seleccionados de España, entre os figura o Álvaro Cunqueiro. O tratamento consiste na inxección dunha soa dose dun anticorpo dirixido contra a proteína de ancoraxe do virus as células dos pacientes, evitando deste xeito a infección celular.

En ambos dous estudos vanse seleccionar a pacientes que se atopan nos primeiros 5 días da infección, con síntomas leves pero que teñen algunha condición que aumenta o risco de presentar unha infección grave: pacientes maiores de 65 anos ou que padecen algunha enfermidade crónicas debilitante como, por exemplo, Insuficiencia cardíaca, EPOC ou obesidade.

«O obxectivo principal destes ensaios é  estudiar si as terapias inmunolóxicas administradas precozmente aos pacientes de maior risco son eficaces para atallar á infección e evitar o ingreso hospitalario«, explica o doutor Manuel Crespo, xefe do servizo de Medicina Interna do  CHUVI.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.