'Qué te cuentas?' Galicia

O Concello de Ponteareas pide a colaboración dos veciños ante o aumento dos casos de COVID

O Goberno local pide non achegarse a poboacións con peche perimetral

A alcaldesa en funcións de Ponteareas e concelleira de Saúde informa do aumento de casos que a día de onte se situaba en 33 no concello. Cristina Fernández. Davila amosa a súa preocupación polo novo ascenso despois de ter baixado aos 21 e manterse dende o 28 de decembro ata o día de Reis.

Observando que Ponteareas oscilaba entre os 21 e 24 casos dende o 28 de decembro e sabendo que por estar tres días con maior incidencia non é representativo, Fernández Davila considera convinte informar á veciñanza desta circunstancia «para que non se baixe a garda e se actúe con responsabilidade».

Non achegarse as poboacións con peche perimetral

Davila insta á cidadanía a «extremar as medidas de seguridade e hixiene» e recomenda non achegarse a poboacións con peche perimetral.

A alcaldesa en funcións adianta que, de momento, Ponteareas non foi convocada a ningunha reunión coa Consellería de Sanidade e a Área Sanitaria de Vigo e explica que se houbese cambios na normativa sanitaria por Covid que nos afectasen negativamente sería convocada unha reunión da Comisión de seguemento de xeito inmediato.

«Frear os contaxios é cousa de todos e todas. Volvemos solicitar a colaboración da cidadanía para extremar as precaucións e non saír do noso concello agás que sexa imprescindíbel para poder reducir o número de contaxios e non ter que volver sufrir restricións nin consecuencias sanitarias non desexadas». 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.