Cultura Vigo al minuto

O BNG pide no Congreso a paralización das obras do túnel da Porta do Sol

Impedirá facer peonil o Paseo de Alfonso e fomenta o uso do transporte privado polo centro

O BNG vén de solicitar no Congreso a paralización das obras do túnel da Porta do Sol en Vigo. A suspensión dos traballos permitirá «estudar outras propostas que permitan unha peatonalización completa do trazado comprendido entre a Porta do Sol e o Paseo de Alfonso sen a construción de ningún túnel».

Impedirá fomentar o uso peonil e ciclista desta parte da cidade

Néstor Rego, portavoz do BNG no Congreso, salientou que esta obra que ascende a un custo de 17 millóns de euros, «impedirá crear roteiros de continuidade no ámbito histórico e cultural que fomenten o uso peonil e ciclista, como recomenda o Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostíbel nas súas liñas de actuación».

O Concello incumpre a normativa europea

Para o BNG é«moi grave» que o Concello incumprira a normativa europea sobre o dereito de acceso e participación na información relativa a medio ambiente, tal e como denunciaron de maneira reiterada tanto as comunidades de afectadas e afectados, como diferentes entidades da cidade e o colectivo Vigo Histórico.

O BNG xa expresou a nivel local e desdeo primeiro momento a súa oposición ao proxecto de túnel, e promoveu unha moción no Concello de Vigo en setembro do 2019 instando a considerar outras alternativas.

«No Bloque estamos a prol de que se peonalice o quilómetro cero de Vigo, continuando a aposta que iniciamos desde unha alcaldía nacionalista no Calvario, na praza da Independencia ou na praza da Constitución» explica o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas. No entanto, Igrexas aclara que a discrepancia está no proxecto concreto. «O que non compartimos é que se acoitele o corazón do centro urbano cun túnel innecesario, insustentábel e caro, que ademais impedirá peonalizar o Paseo de Afonso«, argumenta.

As restriccións de circulación na Porta do Sol amosan que o túnel non é necesario

O BNG salienta que as restricións na mobilidade urbana, acordadas polo Concello, no marco da actual de crise sanitaria a causa do coronavirus, así como as derivadas polos traballos prospectivos previos ao comezo da construción do túnel, «demostraron que este proxecto carece de xustificación e necesidade para promover a efectiva peonalización da Porta do Sol«. Así mesmo, o deseño licitado, coas súas dúas ramplas de acceso proxectadas, impedirá a extensión futura da peonalización á contorna do Paseo de Afonso XII, onde radica un dos principais miradoiros á Ría de Vigo, e á propia rúa Policarpo Sanz.

Colectivos ecoloxistas, empezando por Greenpeace, en contra do túnel

Neste sentido, o BNG destaca o feito de que seis colectivos ecoloxistas (Greenpeace, Amigos dá Terra, Xuventude polo Clima-Fridays for Future, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Ecoloxistas en Acción-Galiza e Verdegaia) pronunciáronse pública e rotundamente en contra do citado túnel. «Todos eles sinalan que reducir o tráfico non pode pasar por construír novas infraestruturas para coches, se non por medidas como a mellora do transporte público, a creación dunha rede de carrís bici e promover activamente o tránsito peonil» sinala Néstor Rego

Nun manifesto conxunto, subscrito o pasado 27 de febreiro de 2020, e iitulado «Vigo sen fumes», afirman ademais que «a peonalización [do eixo Elduayen – Porta do Sol] debería facerse pensando en baixar as emisións, debería ser efectiva, e non simplemente ornamental. «Os fumes baixo terra seguen sendo fumes e ademais, non é necesario soterrar os coches para lograr unha Porta do Sol peonil. Antes da construción do túnel, deberían estudarse outras alternativas menos lesivas» subliñou Rego.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.