Destacados Sucesos

6 novas mortes elevan a 1.406 os falecementos de persoas con coronavirus en Galicia

Na ‘segunda onda’ da pandemia xa houbo máis vítimas que na primeira

Seis persoas que foran diagnosticadas con coronavirus morreron en Galicia nas últimas horas. Dende o inicio da pandemia perderon a vida 1.406 persoas con COVID.

Entre 72 e 94 anos de idade

Segundo a información da Consellería de Sanidade, as vítimas son trátase de tres mulleres e tres homes, un deles, de 83 anos de idade, falecido na residencia DomusVi de Vimianzo.   

Tres morreron no Complexo Hospitalario Universitario de Santiafo (CHUS): un home de 72 anos e dúas mulleres, de 74 e 94 anos.  

Outra muller, de 78 anos, faleceu no Complexo Hospitalario de Pontevedra e un home de 82 anos de idade no CHUAC da Coruña.

You may also like