Cultura Vigo al minuto

Ecoloxistas en Acción demanda ao Concello unha ‘moratoria’ na talla de árbores en Vigo

Denuncia a talla de árbores dende 2009, cando empezaron as ‘humanizacións’

O día dos Santos Inocentes de 2020 pasará a historia coma o día no que a histórica Ronda de Don Bosco perdeu totalmente o seu patrimonio histórico natural. Os derradeiros cedros desta praza foron tallados en ‘aras da seguridade veciñal’ , según as autoridades locais.

Ecoloxistas en Acción lembra que «o conxunto de árbores da praza fora xa eliminado», caendo outros 2 cedros en xuño como «resultado dos recortes realizados nas extensas raíces, que os operarios mutilaron para poder realizar a cementación das obras«. Moitos veciños e asociacións daban por perdidos os outros dous cedros que foron apuntalados con estacas para evitar a súa caída.

O comunicado oficial do Concello recoñece que as dúas árbores tiñan perigo de desplome pero non asume a responsabilidade (ou a responsabilidade da empresa contratada), por neglixencia ó «non cumplir cos pliegos do contrato para executar o proxecto orixinal, o cal incluían mais zona verde nas infografías e o propio alcalde asegurou que non se eliminarían os 4 cedros históricos«.

Tallas de árbores en Vigo dende o inicio das ‘humanizacións’ en 2009

Ecoloxistas en Acción denuncia que dende o ano 2009, coincidindo coas inversións do «Plan E» para as denominadas «humanizacións»das rúas de Vigo, van sucedendose na cidade olívica periódicas tallas de árbores en rúas, parques e xardíns.

Un trás outro, choupos, tileiras, plataneiros e aligustres foron eliminados consecutivamente das rúas humanizadas en Coia, A Doblada, Areal, Oporto, Jenaro de la Fuente, Venezuela, Alameda e das remodelacións do centro da cidade.

Os ecoloxistas, así como diversos colectivos culturais e sociais de Vigo hai tempo que avisan de que os proxectos deben ter en conta as árbores. Deben buscar as alternativas para manter e potenciar o máximo número de exemplares en rúas, prazas e parques. «Os servicios ecosistémicos das árbores urbanas son moi importantes para o benestar e saude dos cidadás e a calidade de vida nas ciudades, influindo sobre o valor de vivendas e establecementos comerciais».

Moratoria na talla de árbores

A organización ecoloxista demanda ao Concello unha moratoria á talla de árbores urbanas e que partidos políticos, asociacións veciñais e ecoloxistas acorden un «Plan de infraestructura verde da cidade de Vigo. Ecoloxistas en Ación solicita ademais priorizar a restauración das rúas desarborizadas, convertir o Parque do Castro nun «Central Park» vigués libre de coches e reforestado e facer realidade o cinturón verde extraurbano eliminando as especies pirófitas.

Ecoloxistas en Acción sinala que de seguir a cidade sen un «Plan municipal de infraestructura verde», Vigo quedará totalmente afastada das cidades que están realizando esforzos para mellorar zonas verdes, ampliar zonas peonís e potenciar a calidade do arborado urbano, para loitar contra o cambio climático, mellorar a calidade de vida, reducir as enfermedades e engadir valor ós barrios.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.