Galicia Vigo al minuto

A Área Sanitaria de Vigo realiza un ‘cribado masivo’ da COVID á poboación de Tomiño

As probas empezan este mércores pola tarde no COVID-Auto do Cunqueiro

A Área Sanitaria de Vigo continúa cos ‘cribados poboacionais’, mediante a realización da proba PCR, a persoas asintomáticas, e detectar aquelas positivas que non presentan síntomas clínicos.

Veciñas e veciños de Tomiño

Neste contexto, o Servizo Galego de Saúde, en colaboración co Concello de Tomiño, xa está invitando aos tomiñeses a realizarse unha proba diagnóstica no Covid-Auto do hospital Álvaro Cunqueiro. Esta mesma tarde xa se efectuarán as primeiras probas neste dispositivo.

900 persoas inscritas

Para isto, a poboación que de xeito voluntario decida realizarse a PCR, tense que inscribir previamente nun listado publicado polo Concello. Posteriormente, o SERGAS contactará con eles para darlles cita. Con este procedemento se garante una maior participación no cribado masivo, dado que se alguén se apunta voluntariamente, se presupón que non fallará  á cita. Polo de agora, desde que esta mañá fora activada a inscrición, xa levan rexistradas a  900 persoas.

Elevada incidencia da COVID neste concello

Esta decisión adoptouse dada a elevada incidencia da Covid-19 mantida nos últimos días nesta localidade. O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten síntomas. Son as que supoñen un gran risco para a saúde pública; ao estar en bo estado, continúan desenvolvendo a súa vida habitual e, polo tanto, poden ser potenciais contaxiadores e estar contribuíndo á expansión do virus.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.