Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de oposicións para 2.585 postos na Xunta

Tamén inclúe 3.419 prazas para persoal laboral fixo

Estas son as datas de 94 oposicións convocadas pola Xunta para 1.500 prazas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Oferta de Emprego Público (OEP) da Administración Xeral da Xunta para o ano 2020, que esgota a taxa de reposición marcada polo Estado e inclúe un total de 2.585 prazas de acceso libre.

Na mesma tamén se ofertan 395 prazas para a promoción interna do persoal funcionario, uns procesos reservados a empregados públicos. En
total, a oferta na Administración Xeral ascende a 2.980 prazas.

O decreto inclúe 3.419 prazas para persoal laboral fixo

A maiores, o decreto inclúe 3.419 prazas para a funcionarización do persoal laboral fixo. Trátase dun proceso voluntario pactado no Acordo de concertación para a mellora das condicións do emprego público, asinado en 2019 cos sindicatos CC.OO. e UGT.

Máis prazas libres no eido local

O maior número de prazas de acceso libre concéntrase no eido social, o que permitirá reforzar o persoal que traballa principalmente en centros de política social.

O decreto inclúe na escala de axentes técnicos facultativos, 539 prazas para a especialidade de xardín da infancia; na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, 476 prazas para a especialidade de persoal de limpeza e cociña; na escala de técnicos facultativos, 224 prazas para educadores; 173 prazas para a escala de persoal de servizos xerais (PSX); 151 para a escala de xerocultor/a e 25 prazas para a escala de auxiliar de coidadores.

A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición, garantindo a aplicación dos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, e respectando a libre concorrencia.

También te puede interesar