Galicia Sucesos

Absoltos 12 independentistas galegos para os que o Fiscal pedía 102 anos de cadea

Os xuíces desbotan a súa pertenza a organización criminal ou que cometeran un delito de exaltación do terrorismo

A Audiencia Nacional vén de absolver aos 12 independentistas galegos acusados dentro da ‘Operación Jairo’, para os que a Fiscalía pedía 102 anos de cadea polos supostos delitos de “pertenza a organización criminal » e pola “exaltación do terrorismo”.

Os xuices desbotan a comisión destes delitos e deixan sen efecto as medidas contra os acusados, decretadas ao longo dun proceso que duraba xa máis de 5 anos.

Non poden considerarse organizacións criminais

Na sentenza os maxistrados sinalan que “a orientación política [independentista] de Causa Galiza merece a proteción constitucional”. Ademáis, subliñan que “lembrar ou recibir a determinados militantes independentistas que, ou ben morreron nunha actuación de carácter terrorista ou cumpriron as penas impostas e saíron en liberdade, non pode considerarse integradora dunha finalidade de exaltación do terrorismo que levase á cualificación de organización criminal».

No mesmo sentido entenden ao respecto da «a asociación Ceivar, que ten entre os seus obxectivos o acompañamento e axuda en todas as ordes de presos independentistas e o seu recibimento cando saen en liberdade».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.