Destacados Vigo al minuto

A Xunta rectifica: as comidas familiares de Nadal terán un máximo de 10 persoas

Este límite inclúe a menores de 10 anos

A Consellería de Sanidade rectificou parte do adiantado ‘Plan de Nadal’ fronte á COVID. Ademáis de permitir sair entre os días 23 e 25 dos concellos que estean en peche perimetral, agora establece un número máximo de 10 persoas nas comidas familiares. Este límite inclúe a nenos menores de 10 anos.

Sin límitación algunha no caso dunha mesma unidade de convivencia

O ‘tope’ de 10 persoas sentadas á mesa aplícase no caso de que se xunten dúas unidades de convivencia. No caso de que fose só unha non haberá límite de participantes (por exemplo se na mesma casa viven os pais tres fillos e dous avós).

Non máis de seis persoas se se xunta máis de dúas unidades familiares

No caso de que se trate de máis de dúas unidades familiares, Sanidade mantén o límite de adultos en seis persoas. Neste caso permite que haxa, ademáis ata catro nenos de idade igual ou inferior a 10 anos. Deste xeito non se podería superar o límite de dez persoas.

También te puede interesar