Comarcas

A presidenta da Deputación felicita o Nadal, «estou moi orgullosa de vós»

Agrada que en 2021 «volvamos a atoparnos, a abrazarnos e a estar xuntos»

Carmela Silva compartiu este luns no perfil da Deputación de Pontevedra en Twitter a súa felicitación de Nadal deste 2020.

A presidenta do organismo provincial deu as «grazas» a todas as veciñas e veciños da provincia, logo de subliñar que este «foi un ano moi duro».

https://twitter.com/depo_es/status/1341016823333068802

Silva amosouse «moi orgullosa de todas e todos vós» e animou a que gocemos deste Nadal e «coidemos ás persoas que queremos».

A presidenta amosouse esperanzada de que 2021 permita que «volvamos a atoparnos, a abrazarnos e a estar xuntos» e asegurou de que imos a sair da situación actual «máis fortes».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.