Galicia Vigo al minuto

COVID: a Xunta realizará un ‘cribado’ a 2.000 estudantes e traballadores do CIFP Manuel Antonio

Será o vindeiro xoves e terá carácter voluntario

A Xunta ealizará un cribado a 2.000 persoas, entre traballadores e estudantes, do CIFP Manuel Antonio de Vigo. O obxectivo é o de detectar posibles casos positivos de Covid-19 que non presentan síntomas clínicos, e controlar así a circulación do virus.

O próximo xoves dia 10, un equipo de 10 profesionais de enfermaría vaise desprazar a ese centro de ensinanza para realizar a proba PCR aos que de xeito voluntario acepten participar nesta estratexia.

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, mantivo unha xuntanza co xefe territorial a Consellería de Educación, César Pérez Ares, e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, para coordinar e ultimar os detalles desta acción.

Aumentar a capacidade diagnóstica

Trátase de continuar desenvolvendo iniciativas que permitan incrementar a capacidade diagnóstica da área para facer fronte a pandemia da Covid-19. «En vez de esperar a aparición de pacientes con síntomas, efectúase unha acción proactiva de busca e identificación dos asintomáticos, para controlar o antes posible os brotes da enfermidade».

Cribado a 5.500 persoas da zona centro de Vigo

Neste contexto, tamén continúase realizando o cribado á poboación xeral asintomática.  Así, como informara vigoalminuto, estase convocando á realizar o test diagnóstico a outras 5.500 persoas da zona centro.

Outras 3.000 persoas nunha primeira fase

Hai que lembrar que nunha primeira fase xa realizouse o cribado a case 3.000 persoas de referencia dos centros de saúde de Sárdoma e Lavadores.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.