Galicia Vigo al minuto

O BNG de Vigo pide a Abel Caballero que «deixe de mentir» sobre a saída sur de alta velocidade

O voceiro municipal do Bloque subliña que só hai 200.000€ nos orzamentos do Estado para facer un estudo do trazado

Anota: Renfe modifica los horarios de algunos trenes, desde el 9 de junio

O Bloque Nacionalista Galego demandoulle esta mañá a Abel Caballero, que «deixe de mentir ás viguesas e vigueses sobre a saída sur de alta velocidade».

«Falso que sexa prioritaria para o Goberno español«

Xabier P.Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo afirma que é «absolutamente falso que a conexión entre Vigo e Porto sexa prioritaria para o Goberno español». Neste sentido, denuncia que os orzamentos xerais do Estado só prevén 200 mil euros para elaborar o novo estudo informativo do trazado, cando o anterior custou máis dun millón.

Igrexas ironizou coa previsión defendida polo rexedor de que a saída sur será realidade en 2030, afirmando que «xa coñecemos a capacidade de prognóstico de Caballero, que cando era ministro en 1988 anunciou que o AVE chegaría a Vigo en 1993«.

«Patochada propagandística»

O portavoz municipal do BNGa cualificou de «patochada propagandística» as declaracións do alcalde após un encontro cun ministro portugués, trasladando un hipotético compromiso do Goberno español coa conexión entre Vigo e Porto. «É absolutamente falso que a saída sur sexa unha prioridade para o Goberno estatal de PSOE e Unidas Podemos, e non o di o BNG, dino os orzamentos xerais do Estado que aprobaron», asegurou.

So 200.000€ nos orzamentos do Estado para 2021

A este respeito, Igrexas apuntou que nas contas do vindeiro 2021 o executivo central apenas consignou unha partida de 200 mil euros para a elaboración dun novo estudo, cando o anterior superara en 2007 o millón de euros de custe e hoxe se estima que se precisaría 1,5 millóns de euros. «Esa é a verdade dos números, a de que detrás da propaganda e das promesas, só hai fume e a saída sur vai volver quedar no caixón», remachou.

Pésimas contas para Vigo

O BNG inscribe esta falla de compromiso cunha conexión ferroviaria «estratéxica para Vigo, para a súa área e para o conxunto de Galiza», dentro duns orzamentos estatais que insisten na discriminación do noso País e que desatenden as necesidades da principal cidade galega.

«PSOE e Podemos veñen de votar ‘NON’ ás emendas coas que o BNG pedía que se aumentase en 45,5 millóns de euros o investimento estatal en Vigo. O máis grave é que parece que o alcalde que presume de defender Vigo por acima de todo bendice este agravio«, reprochou Igrexas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.