Galicia Vigo al minuto

O Goberno de Galicia inviste 2,3 millóns en melloras nos centros de ensino de Vigo

Marta Fernández-Tapias sinala entre eles as obras no CEIP Santa Mariña os IES de A Guía, Castelao e Beade e a reforma completa do Santa Irene

A delegada da Xunta en Vigo visitou este xoves o CEIP Plurilingüe Santa Mariña para supervisar o resultado do cambio de cuberta no que se investiron 112.518€.

Marta Fernández-Tapias sinalou que os traballos consistiron na retirada dos distintos materiais existentes e a colocación do nova cubrición co illamento correspondente, a reparación das cornixas e limas e a substitución das respectivas cunetas e baixantes.

Obras en varios centros de Vigo

Fernández-Tapias aproveitou a visita para subliñar que o Goberno de Galicia está a acometer «importantes obras no conxunto dos centros escolares de Vigo». Entre elas citou as melloras básicas de eficiencia enerxética actualmente en execución nos IES de A Guía (240.777€), Castelao (241.121€) e Beade (236.225€).

Asemade referiuse á rehabilitación integral do IES Santa Irene por un importe total de 1.265.487,82€.

Segundo cifrou a delegada, nestes intres a Consellería de Educación ten en execución nos centros da cidade obras por un valor superior aos 2,3 millóns de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.