'Qué te cuentas?' Destacados

Dende hoxe, se tes que moverte por Vigo, mellor faino a pé

Dende este mércores, co acendido do alumeado de Nadal, hai cortes de tráfico en todo o centro

El Concello culpa a los trabajadores de Vitrasa de los atascos

Por mor das festas de Nadal- que comezan este mércores co acendido do alumeado- as obras e a previsión de choiva dende este xoves, a circulación en Vigo será especialemnet difícil

En primeiro lugar, a rúa Policarpo Sanz permanecerá pechada ao tráfico en ambas direccións. En consecuencia, os autobuses de Vitrasa que pasan por dita rúa farán os seguintes desvíos:

Dende García Barbón/Urzáiz cara a Policarpo Sanz por: República Argentina, G. Barbón, Pontevedra, Areal, Praza Compostela e percorrido normal.

Paradas anuladas:
– Colón, Nº 27. (Excepto para as liñas L5B e L17).
– Policarpo Sanz, Nº 25.

Paradas máis próximas:
– Urzáiz, Nº 13. (Liñas de Urzáiz).
– García Barbón, Nº 7.
– Areal.
– Praza de Compostela.

Dende Cánovas del Castillo cara a Policarpo Sanz por: Carral, Marqués de Valladares, Colón e percorrido normal.

Paradas anuladas:
– Cánovas del Castillo, Nº 28.
– Reconquista, Nº 2.
– Policarpo Sanz, Nº 26 e Nº 40.

Paradas máis próximas:
– Marqués de Valladares, Nº 19 (Teatro). Nova parada provisional.
– Urzáiz-Príncipe. (Liñas de Urzáiz).
– Garcia Barbón, Nº 18. (Liñas sentido Sanjurjo Badía).

Cambios nos buses de Vitrasa

Cambios en todo o transporte público

Ademáis, o Concello vén de anunciar os seguintes cambios no transporte público:

Un carril ascendente pola Gran Vía ata a rúa Brasil

Un carril descendente pola rúa de Urzaiz ata a rúa de República Arxentina

Un carril ascendente dende a rúa de Colón ata a rua de Uruguai

Cambio de sentido de circulación na rúa de Uruguai entre a as rúas Gravina e Cervantes

Paradas de bus urbano afectadas polos cambios de percorrido

Dende a rúa Cánovas del Castillo dirección P. Sanz – G. Barbón y Urzaiz:

Parada anulada: Reconquista e P. Sanz 26, paradas más próximas: Cánovas del Castillo, 28 e G. Barbón 18.

Parada anulada: Reconquista e P. Sanz 26 y 40, paradas más próximas: Cánovas del Castillo, 28, Uruguai 8.

Dende a rúa de G. Barbón dirección a rúa deColón / Urzaiz e P. Sanz:

Parada anulada: Urzaiz-Príncipe e Urzaiz, 28, paradas más próximas: Uruguai 8 e Cervantes ( Fronte o 21).

Parada anulada: P. Sanz, 25, paradas más próximas: G. Barbón 7, Areal e P. Compostela

Dende a rúa de Urzaiz dirección – P. Sanz :

Parada anulada: Colón, 27 e Policarpo Sanz, 25., paradas más próximas: Urzaiz, 13, G. Barbón 7, Areal e P. Compostela

A parada de taxis da rúa Reconquista prestará servizo dende esta rúa con acceso e saída cara a Marques de Valadares.

Cambios en todo o tráfico rodado

Co gallo do aumento da presenza de peóns durante o Nadal no centro, e co obxectivo de facer cumprir as medidas de distanciamento motivado nos requirimentos sanitarios da COVID 19, adóptanse unha serie medidas en materia de mobilidade. Medidas que restrinxirán o tráfico rodado do xeito que a seguir se detalla.

Respectarase o acceso rodado ao domicilio da veciñanza, a unha velocidade máxima de 10 Km/hora.

Estas medidas estarán en vigor dende e a data do acendido das luces de Nadal ata o 10 de xaneiro, e son aplicables todos os días entre as 17:00 e 23:00

Cortes de tráfico

-Paseo de Alfonso XII, rúa de Elduayen e Porta do Sol (obras).

-Rúa de Policarpo Sanz

-Rúa de Darío Álvarez Blázquez

-Rúa da Reconquista entre as rúas Marques de Valadares e Policarpo Sanz

-Rúa de Velázquez Moreno entre Príncipe e Marqués de Valadares

-Rúa de Colón

-Rúa de Urzaiz entre a Av de Gran Vía e rúa de Colón

-Av da Gran Vía ascendente entre as rúas de Urzaiz e María Berdiales

-Rúa de Hernán Cortés entre as rúas Urzaiz e de María Berdiales

-Rúa do Dr. Cadaval dende rúa de López de Neira ata a Porta do Sol

-Rúa de Uruguai desde a rúa de Cervantes cara a rúa de Gravina

Cambios da circulación normal

-A rúa Colón será uso exclusivo de residentes, aparcadoiro e transporte público.

-A rúa de Velázquez Moreno entre as de Marques de Valadares e Policarpo Sanz cambia o sentido de circulación cara á de Policarpo Sanz

-Establécese sentido de circulación da rúa Uruguai cara á rúa de Cervantes dende a rúa de Gravina

-A rúa de Cervantes manterá un só carril aberto para uso exclusivo de residentes, aparcadoiro e transporte público.

-Ábrese carril pegado o bulevar e en sentido ascendente na Av de Gran Vía entre as rúas Urzaiz e Brasil para uso exclisivo do autobús urbano.

-Establécese dobre sentido de circulación para residentes na rúa de Hernán Cortés entre as de María Berdiales e Urzaiz

Desvíos recomendados

Os túneles de Areal-Beiramar para aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal.

Avenida Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.-A saída pola rúa de Isaac Peral aos vehículos procedentes da autoestrada AP9.

Gran Vía, praza de América e rúa Coruña para os vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar.

Restriccións do acceso aos aparcadoiros públicos

Os seguinrtes aparcadoiros terán restrinxido o seu acceso tódalos días entre as 17:00 e as 23:00h. entre este mércores e o vindeiro 10 de xaneiro, consonte estas indicacións:

Aparcadoiro Policarpo Sanz: acceso dende a rúa de García Barbón. Saída pola de Pontevedra

Aparcadoiro Velazquez Moreno (Velazquez Moreno 20): acceso dende a rúa de Marques de Valadares pola rúa de Velázquez Moreno. Saída pola rúa Policarpo sanz cara a rúa de Colón

Aparcadoiro Colón Centro (Colón 28): acceso dende as rúas de Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguai. Saída cara a rúa Uruguai.

Aparcadoiro da Praza Portugal: acceso dende a rúa de Colón ou de García Barbón por un carril ascendente por Colón ata a rúa de Uruguai. Saída cara a rúa de Uruguai. Saída cara á de García Barbón pola de República Arxentina.

Aparcadoiro Urzaiz: Acceso pola rúa de Manuel Nuñez, dende a de Colón ou García Barbón por un carril ascendente pola rúa Colón ata a rúa de Uruguai., dende a rúa de Alfonso XIII pola rúa de Cervantes. Saída polas rúas de Uruguai ou de Lepanto

Acceso a garaxes privados afectados polas restriccións

Rúa de Policarpo Sanz: tramo entre as rúas de Reconquista e de Velázquez Moreno por Reconquista. O tramo entre as rúas de Colón e Velazquez Moreno por Velázquez Moreno ascendente dende Marques de Valadares

Rúa de Velazquez Moreno entre as rúas de Marques de Valadares e Policarpo Sanz: Acceso a garaxe dende a rúa de Marqués de Valadares, saída cara a rúa de Colón.

Rúa de Urzaiz ata Gran Vía: Entre as rúas de Uruguai e Gran Vía por Urzaiz

Uruguai, Gravina, Churruca, Roxelio Abalde, República Arxentina: dende Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguai ou Alfonso XIII Cervantes.

Hernán Cortes entre Urzaiz e María Berdiales: dende María Berdiales.

También te puede interesar